O SANTO dos CROQUES

METALITERATURAS: A COUSA LAPIDARIA, O CRANIO DE PEDRA, A LINGUA A PACER

9.3.05

t de terapia

Para Arcal, como despedida (agora prefiro a Tarabela)

Tarabela traballaba traducindo textos. Toda talento, transcribía teimosa tratados técnicos, telecomedias, tombos, textos teatrais, tochos tremendos. Tropecentos textos tódolos trimestres. Tanto traballo, tanta tenacidade traumatizábana, tíñana transtornada. Tambaleábaselle todo, tusía, trousaba, tiña taquicardias. Temía ter tifus, tenia, tétanos, tiña, tanagra, talvez tuberculose, tumores terribles, terminar tísica, tarumba, tarambaina, totalmente tola. Tamén tiña tentacións tanatófilas. Tras tres temporadas tenebrosas tentou trucos terapéuticos: tomou temperatura, taxou transaminasas, tragou termalgín, tenífugos, tónicos tetravitamínicos, termoduchas, talasoterapia, tortas, turróns, talladas touciño… Tentaba tranquilizarse turiferando tabaco, trasegando tabernas, tarareando tonadillas, tomando tetraciclina, transilium, tila, tranquimacín, trapalladas tóxicas. Tanto tiña: terminaba toda triste, túzara, taciturna. Tacitamente tiraba toalla.
Terminou tramando tremenda tolería: tomando teléfono, tratou topar tío tarzanoide. Tras tímidas tentativas terminouno topando. Tomando tempo, tentaron terapia terminante, taxativa, total: trabadas, tentos, tamboriladas táctiles, tocamentos tronco, torso, traseiro, tersuras torácicas, tetas turxentes, trucos tártaros, tácticas taiwanesas, técnicas turcas, tersas ternuras torneadas. Tirando tabús, Tarabela tocou testículos, tomou taco tarzanoso terriblemente teso, tanteou tamaño, testou tasto, tensouno totalmente. Tras taparrabos, Tarzán tiña trazas trípodes, taurinas, telescópicas, totémicas, teratoxénicas. Terminouna traspasando toda, tremendo, trotando, transpirando, traspernando tal tolo terremoto, telúrico, tectónico, taumatúrxico, turbopropulsado. Tres teimosos transes, turbulentos, tempestuosos, temperárona totalmente. Terminada tamaña tauromaquia, Tarabela tirou talonario, transaccionou taxación, trocaron tarxetas, terminou trato.
Tras terapia tan tonificante, Tarabela tornouse totalmente tranquila, tornasolada, tenue, tépeda, toda transparente.

8 comentos:

  • At 09 março, 2005 14:51, Blogger AQUI dixo…

    tremendo texto!

     
  • At 09 março, 2005 20:10, Blogger Tarabela dixo…

    Traguei trasposta taquigrafía todita, tantricamente transida tras tamaña terapia trepidante, túzaro traidor!
    Témeme! Terás trabalinguas terrible trala túa trasnada. Treme, tramo tropelía tremenda.

     
  • At 22 abril, 2005 03:37, Anonymous Subcomediante H dixo…

    Texto tenaz! Tremo talmente.

     
  • At 13 julho, 2005 11:00, Blogger Laurindinha dixo…

    A virtuosidade poética sempre atraeu o meu espírito verde (verde manzanita, leituga -pero non palo, eh? que non pega co meu estilo), e o te sempre me connotou unha veiga enorme de herba (tersa, taruca, toliña, torpe, taralou...), terá que ver coa homofonía?(té verde, té de ceilán, té negro, estruga quente, Guísamo terríbel, herba sidreira, Ortigueira de herba...)

     
  • At 26 julho, 2006 22:32, Anonymous Anônimo dixo…

    Thank you!
    [url=http://ynheuxsd.com/emqu/mfnx.html]My homepage[/url] | [url=http://ohtlmjic.com/cgqf/crvs.html]Cool site[/url]

     
  • At 26 julho, 2006 22:33, Anonymous Anônimo dixo…

  • At 26 julho, 2006 22:33, Anonymous Anônimo dixo…

    Well done!
    http://ynheuxsd.com/emqu/mfnx.html | http://dafkplmc.com/tazw/hfii.html

     
  • At 17 março, 2009 10:41, Anonymous Anônimo dixo…

    gustariame entrar en contacto con Tarabela. Queremos expor o seu texto.
    hermes salceda
    2001hs@gmail.com

     

Postar um comentário

<< Home